© blog: Son de Oleiros

miércoles, 4 de abril de 2012

Xente boa e xente ruín

O PP saca da chistera a lei de transparencia e ao mesmo tempo concede amnistía fiscal aos defraudadores. ¡PARADOXAL! Argumentan que xa se ten feito en outros países, como se todo o que se inventa fora teña que ser bo. Aos rufiáns compénsalles estar fora da lei, porque estas amnistías repítense cíclicamente. Aquí a clase media, o proletariado son os que máis pagan. As Sicav consiguen que os podres de diñeiros tributen un 1%. Tamén lle compensa aos Mata, Conde ou Untangarín pasar uns anos en reximes penitenciarios de privilexio, co seu móvil, acceso a internet, Moët Chandom e a pasta a bo recaudo para cando saian.
Coas tentacións que o sistema ofrece para vivir no luxo oriental roubando, facendo trampas ou abusando da posición dominante só queda concluír que o quid da cuestión reside en ser boa ou mala xente; ter compromiso co entorno ou vivir de costas aos problemas alleos. Así, por un lado temos aos herdeiros do principado monegasco, levando unha vida de despilfarro polas boites de medio mundo e logo aparecendo cos negriños africanos para lavar a súa imaxe pública. Como tamén ten feito o príncipe Harry, facendo equilibrios entre a manifestación filonazi, as borracheiras orgiásticas e o servizo esforzado á patria cos seus desexos declarados de entrar en combate. As finas damiselas que deron nivel para a presencia en papel cuché occidental dos tiranos do norte de África e de Siria gustaban de estar a última vestidas con trapos millonarios e coleccionando compulsivamente obxectos de luxo mentres os súbditos morrían de fame. A calaña que desde posicións de privilexio se sente inmune manda aos avogados aos tribunais públicos para que digan: “se o meu cliente cometeu algún erro, pedirá perdón e punto (abogado de Urtangarín)”. Por aló arriba, nas altas esferas, teñen una sensación de estar por riba do ben e do mal que heredan de moitos anos en que os poderosos teñen formado un búnquer clientelar. Pois o tráfico de influencias, a escala, tamén está detrás do mal exemplo do rei -por moito que se desmarcara do xenro- cando lle di nunha cea na súa casa a un directivo de Caixa Cataluña: "-oes fulanito, ¿non terás un chollo en Barcelona para a filla maior. E que anda aburrida-". Aquel luns seguinte chamárona para que se fixera cargo da Obra Social en Barcelona cun salario ben importante que para seguir cobrando fixo preciso que viaxara desde Washington a Barcelona de cando en vez a inaugurar algunha cousa.
En fin, para ser íntegro fan falla outras demostracións, outros exemplos de vida. Como o de Dominique Lapierre, que venceu por dúas veces ao cancro porque, como él di, “teño que seguir escribindo best sellers para cos dividendos poder seguir salvando vidas na India e axudar a levantar escolas, hospitais, microempresas...” Como os exemplos de Vicente Ferrer, de centos e miles de voluntarios para os bancos de alimentos e a intervención humanitaria, na que se destacan médicos coruñeses que aproveitan o período de vacacións para operar onde son máis precisos, ou os de tantos cidadáns humildes e anónimos que sentan na súa mesa a veciños caídos en desgraza, cando non lles mandan unha caixiña con garabanzos, chourizo e o que poden para que os cativos non se decaten de moito, na medida do posible. Como tamén fan nos comedores sociais en Vigo, onde os camareros fan a representación de ensinar o menú nunha simulación de carta.
A sociedade dará un exemplo de madurez cando se veña abaixo a audiencia de programas que dan protagonismo á cona de Paris Hilton, ao “probe” Ortega Cano ou as paiasadas do Mouriño e medre o interese polo debate construtivo que nos faga máis cultos e preparados para botar dos postos de responsabilidade aos tahúres. Porque só unha sociedade con formación e cultura pode saír deste pozo. O poder quere estupidizarnos cos opios de sempre. Pero hai vida máis aló do fútbol e as telenovelas. E para cando nos apeteza festa, ¡bailaremos ao noso son, ao son de Oleiros, e non ao que nos queiran marcar desde a trastenda do poder!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...