A serie Isabel presenta unha raíña
todo ela sentimento de preocupación polos pobos que debían integrar
España. A novela de Isabel SanSebastián demoniza os nacionalismos
que, segundo ela, son movementos execrables nacidos no século XIX
¿?. Todo este interese ¿será casual?. Hai que andar a lembrar
cansinamente que as intrigas polo poder destruíron desde Castela e
León o Reino Suevo, que máis adiante, co concurso da “amable”
Isabel, esmagouse o proxecto do reino de Galicia e Portugal e o
desenvolvemento económico de Galiza foi estrangulado con medidas
proteccionistas para outras rexións españolas -especialmente
Andalucía- e que Isabel, a golpe de decretos, prohibiu o tráfico
entre portos galegos e América ou mandou arrincar olivos e viñedos.
A Isabel San Sebastián, que se arroga o papel de notaria da
realidade asustada pola deriva de algúns pobos que queren ser
soberanos ¿hai que lembrarlle que o nacionalismo galego non é
ningún invento senón a reivindicación dunha conciencia de nación
que foi arrincada por séculos de dominación, sangue e ditadura?
¿Hai que lembrarlle que a nobreza galega foi defenestrada e
substituída por outra fundamentalmente de Andalucía e Castela?
Porque Os Reis Católicos se algo sementaron en Galicia foron
elementos para odiar a outros pobos da nova patria que eran tratados
como fillos mentres os galegos eramos bastardos. Para colmo, a nosa
obediencia resignada nos ten levado a traballar e crear artes de
pesca mentres os cataláns se enriquecían á nosa costa hipotecando
o noso suor con prácticas de usura.
Hai un balance histórico que
tradicionalmente arrastra perdas para o primeiro reino da península
ibérica. Os mesmos galegos que nos gobernaron fixérono para medrar
como estadistas. Cataluña, outrora interesada na nosa integración
en Galeuzca, denigra que se invista en Galiza, tradicionalmente
agraviada en tódalas asignacións. O nacionalismo espurio, cuxos
albores data Isabel SanSebastián no século XIX, foi desenvolvido de
maneira excluínte pola “corte” de Castela, que impuxo unha
lingua e unha cultura única e homoxeneizador e tentou borrar da
memoria tódalas nosas raizames. Pero alá ela e a súa cohorte
sectaria se seguen por un camiño a contracorrente do que debe ser o
obxectivo acondicionado aos tempos: o nacemento dunha Cousa Pública
compartida, dunha República, dunha federación de Estados dentro do
Estado, de nacións dentro do Estado, fronte á estampa medievalista
dunha monarquía hereditaria imposta por un ditador que renegaba das
súas raíces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario