de consumo desaforado como elemento no que se sostiña o sistema
debuxaban un perfil en tódalas enquisas do CSIC de pobo domesticado,
alienado, incapaz para a diverxencia e pouco amigo do asociacionismo sen
fins directamente lucrativos. Mais esa mirada grosa das computadoras e
dos estadistas deu por suposta a morte da memoria, a perda de conceptos
transmitidos dunha xeración a outra e que teñen dotado a unha parte
desprezada da sociedade dun sentido da xustiza que transcende a este
tempo e a este espazo e que vai a rematar, non sen un grande sufrimento
polo medio, por pura presión ideolóxica, por desprazar do poder e
inhabilitar para sempre a aqueles que nos tempos nos que é preciso e
prioritario un goberno de consenso e un rescate das persoas só pensan e
actúan en clave partidista e para defender o status dos que,
privilexiados, blindan a súa ascensión e aseguran un retiro dourado.
Hai unha recuperación da memoria histórica que quer satisfacer o dereito a saber onde están os restos de vítimas do xenocidio e tamén a restitución e o recoñecemento da súa inocencia. Mais hai outra memoria histórica latexando na mente dunha xeración dada por perdida pero que está en pé, que recorda, que aínda non toleou, que está mellor dotada para a supervivencia que as súas señorías porque sabe e pode vivir con menos, que ven experimentando o arrecendo do medo con cada despedimento que se produce no seu entorno, nas súas carnes, pero que resistirá e será, ao fin, a que impedirá que os que agora encarnan o abuso de posición dominante rompan os elos coas conquistas sociais e o sistema de valores que tanto traballo e tanto sangue custaron.

No hay comentarios:
Publicar un comentario