O galegos do rural viven como os
Luxemburgueses. Sen dúbida iso era o que consideraba o tan ben
ponderado por toda a clase política Manuel Fraga cando forrou os
petos dos franceses para que mercaran as leiteiras galegas facendo
mutis diante da realidade de que as súas medidas aceleraban o
estrangulamento pola falta de capacidade de negociación diante de
multinacionais exercendo o abuso de posición dominante. A desidia
dos socialistas cando colleron o relevo en Madrid e Santiago provocou
a defenestración dos que quedaban.
Onte fun a Fornentón a visitar a
Aladio. Collino turrando do jando, xa de retirada. Chovían mares
pero a el semellaba non afectalo. Os galegos de pura cepa teñen a
habilidade ou mellor o don de non mollarse cando chove. Fomos
dereitiños á lareira para dar boa conta dos chourizos, de cebola e
de porco celta, e do mencía. Era o serán que se prolongaba durante
horas e horas de escuridade. Pregunteille se non se aburría, se non
se sentía só.
–Eu? Nunca. Cando me peta poño no
IPOD “eu teño unha casiña branca”, repetido corenta veses,
namentres leo a Wittgenstein, ou collo o Infinity e achéjome a
Marineda a jastar vintesinco mil pesos en roupa.
Moi bó Santi...que dominio da ironía, encántame!
ResponderEliminar