© blog: Son de Oleiros

jueves, 28 de febrero de 2013

PLATAFORMA NA DEFENSA DE COTIZACIÓNS DIFERIDAS


Agora que a Reforma Laboral colocou aos traballadores nun plano de flagrante indefensión e de perda de dereitos, agora que se ten consumado unha involución nas garantías fronte ao despido improcedente, a explotación, o trato vexatorio, a imposibilidade de conciliar... chegan os autores materiais da desfeita, co cu tremendo por medo a que alguén tire da manta e a merda remate por cubrilos, para aludiren ao trato ao tesoureiro -¡Bárcenas, cona!- como un capítulo no que todo coidado escrupuloso e observación da lei eran pouco. E así como a honrada cúpula do PP inventa un novo xeito de relación empresa-traballador en virtude da cal a parte contratante “¡paga en diferido”! Soldos astronómicos e “¡cotiza en diferido”! á Seguridade Social por el. Se isto se fai cun tipo que chorizou 38 millóns de euros, boa parte deles procedentes de asignacións públicas, que non han merecer centos de miles de traballadores que quedaron na rúa por culpa, por certo, da voráxine depredadora de recursos públicos, das prácticas nepotistas e do tráfico de influencias por parte mesmo de Bárcenas, Matas, Urdangarín, Camps, Fabra, Berberá, alcaldes, responsables do P.E.R. cocainómanos vítimas da plétora e a egolatría, concellais, presidentes de deputacións, conselleiros delegados de entidades financieiras, fillos predilectos da nai que os pariu...
O máis amolante e que Cospedal e Santamaría, que dan a cara mentres Rajoy se agocha baixo da cama, insultan a nosa intelixencia creando figuras que non existen -”cotizacións diferidas para alguén supostamente desvencellado”- e sinalando co dedo acusador aos partidos que non asinaron no Parlamento a súa proposta de control da corrupción. Desde cando a zorra e a máis axeitada para coidar das galiñas?
Pero ben, tomándolle a palabra a Cospedal ¡que se estenda o exemplo!:

¡PLATAFORMA EN DEFENSA DE SALARIOS E COTIZACIÓNS DIFERIDAS PARA TÓDOLOS DESPEDIDOS. PLATAFORMA XA! Mellor hoxe que mañá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...