© blog: Son de Oleiros

viernes, 1 de marzo de 2013

Cantinfleando



El diccionario da R.A.E. define cantinflear como “Hablar de forma disparatada e incongruente y sin decir nada”.
Velahí vai un exemplo ben recente do cantinfleo na boca da dama da claridade e da transparencia, a que chama a que “cada palo aguante de su vela”:


Mellor se entende agora que desde esa filosofía de utilización da linguaxe a Junta de Castilla La Mancha teña enviado unha circular interna a tódolos responsables da Administración coa consigna de evitar nos seus escritos e nas súas comunicacións cos axentes sociais e cidadáns as palabras “desahucio”, “desaloxo” e “alzamento”, para seren sustituidas por eufemismos que impacten menos.
¡Hilarante se non fora tan tráxico o que hai detrás!. ¿E esta a liña de transparencia que defendiu Rajoy no debate do Estado da Nación? As palabras, parafraseando a Celaya, son unha arma cargada de futuro. As palabras coa súa presencia cargada de significado mesmo cando semellan estar ordenadas para non significar nada... As palabras sempre pesan, tanto se son pronunciadas como cando non están no discurso e deberían estar. As palabras, os silencios...
Vivimos agora a cerimonia da confusión, as manobras do poder para diluír o peso insoportable da realidade, o escapismo refuxiados en palabras procedentes ou con operacións ben estudadas de desvío da atención, sacando da chisteira a Corinnas que desvíen o foco posto no papel do monarca nese tránsito que hai desde o salón de té da Zarzuela ate a habitación contigua onde se fraguaba o desvío do diñeiro para os discapacitados cara ó peto do xenro. Vivimos a cerimonia da confusión e aquí non hai máis presos que os comúns.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...