© blog: Son de Oleiros

jueves, 28 de febrero de 2013

Sairemos como galegos

 
Parafraseando a unha famosa cadea de alimentación, pero sen ánimo de crítica pois a campaña é moi boa, o slogan debuxa una realidade aceda do noso país.
Sairemos, como galegos que somos, de novo cara a mundos que nos falen de futuro. A nazón galega verque a súa sangue nova. Desde que estoupara a burbulla, aló hai catro anos e medio, máis de oitenta mil mozos dan o mellor de si mesmos en sociedades que non investiron na súa formación. É un mecanismo obsceno de ruptura xeracional, de empobrecemento, de fractura, de condena á vertebración sempre pendente. Se Feijoo contara a esta xeración perdida como demandantes de emprego que teñen que buscar a dignidade alén das nosas comarcas xa non habería lugar para sacaren peito cando esgrimen una menor taxa de paro en Galicia.
Sairemos como galegos. Sairemos, si, como galegos que somos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...