© blog: Son de Oleiros

lunes, 8 de abril de 2013

A LIBERDADE DE PRENSA

Matar ao mensaxeiro



No presente capítulo da Historia de España, cando os partidos políticos maioritarios aguzan o seu corporativismo, gregario, para defender a situación de privilexio xurídico de aforados, cobra aínda máis importancia a frase de Jefferson: “mellor Prensa sen Goberno que Goberno sen Prensa”. A táctica visceral de líderes e baróns con grande responsabilidades de xestión e acceso ao caixón dos cartos no senso de invitar a matar ao mensaxeiro cando suxiren que hai que limitar o dereito da prensa a publicar certos documentos póñennos sobre aviso da ameaza totalitaria que debuxa a deriva dos gobernantes cando a corrupción estoupa nos cimentos da súa estrutura.
A Lei xa establece o dereito á salvagarda da intimidade dos cidadáns de a pé sen necesidade de a clase política que se sente ameazada teña que engadir corolarios. Outra cousa é a responsabilidade adquirida por quen ten acceso á Caixa Común para que no exercicio da súa vida cotián en público, na exposición do entramado de relacións, etc. aflore a transparencia e, na medida do posible, a constatación de que non hai concesións ao cofeito, o tráfico de influencias ou o manexo indebido dos recursos públicos. A asunción de cargos de responsabilidade na xestión dos recursos públicos leva implícita esa susceptibilidade para ser obxecto e obxectivo dun seguimento máis de preto por parte dos medios e dos cidadáns. E aínda para o seguimento de actividades ilícitas ocultas, a maquinaria policial con apoio do xuíz cando hai indicios, ou a labor do periodismo de investigación mesmo cando aínda non actuaran os corpos de seguridade e fundamentándose case que sempre en filtracións, non teñen sido nin son na Historia de España as responsables da corrupción senón un instrumento imprescindible para a abordaxe canto antes dun gran plan de rexeneración na clase política que lle devolva ao seu exercicio o prestixio, gañado, que a sociedade precisa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...