© blog: Son de Oleiros

lunes, 2 de junio de 2014

Abicación! Qué abdicación?

 Chámanme dunha importante Enciclopedia anglosaxona e tamén do Herald Pataca para que lles de a miña opinión sobre un feito tan transcendental, din eles, como a abdicación de Juan Carlos.
A verdade é que o tema prodúceme unha preguiza soberana. É que resulta tan anacrónico que alguen, a estas alturas da evolución da Humanidade, poida ser Xefe do Estado por sangue. Máis aínda tendo en conta tódalas desgrazas que lle ten traído ao país esa dinastía. Non digamos xa a Galiza, a que perseguiron e torturaron durante séculos: arrincando viñedos e oliveiras, pechando os portos ao tráfico con América, cortándollela testa á nobreza do país para impoñer señores feudais afectos á Corte, pasando polas armas aos liberais que defendían a Constitución de Cádiz...
Hoxe é o día dos papanatas, dos papistas e tamén dos que ven un perigo contra a unidade patria a emerxencia dunha nova clase de organizacións políticas que defenden o fin dos privelexios medievais e dos aforamentos.
Os reis veñen daqueles tempos nos que a Lei era establecida polo ditado do poder militar, da posesión dos exércitos para a defensa da linaxe e a capacidade de recadar impostos para manter os privilexios e a cohesión da oligarquía, coa rede de validos. Cumpre recoñecer que é anacrónico manter os privilexios desa casta. Se Felipe, que xa tivo a vantaxe de acceder a unha formación de elite con cargo aos impostos pagados por todos, quere acceder á xefatura do Estado, o acetable por todos sería que se promovera como fan os demais e que presentara a súa candidatura nunhas primarias como primeiro paso, o único democrático, antes de entrar en debate con outras propostas para a gobernanza do país, unha cuestión que só debe descansar na decisión popular. Estamos aínda moi lonxe de ter superadas as pantasmas do pasado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...