© blog: Son de Oleiros

lunes, 20 de octubre de 2014

Ademais de todo, seguen a matarnos



É preciso volver a repetir que, ademais da teimuda realidade chea de problemas ben acuciantes, presentes no noso entorno, nas nosas vidas en maior ou menor medida e nos medios de comunicación a diario, existe outra realidade, máis sutil e soterrada pero non menos importante, da que non temos conciencia en tempo real e que vai a influír de xeito transcendente no noso horizonte vital. O paro, a consolidación da pobreza nun segmento crecente da poboación, a corrupción, a “desincentivación” do Goberno para a inversión en enerxías alternativas e sectores estratéxicos -por non chamarlle “persecución”-, a cegueira dos poderes fácticos e da bicefalia que ten blindado a institucións inoperantes e obsoletas que non teñen cabida na concepción dun Estado en progreso, de corte federal, a concepción da sociedade desde a prioridade das cifras macroeconómicas e a elección de camiños que sacrifican o benestar dos grandes colectivos e non tocan os dividendos das familias que concentran as fortunas, todo ilo, digo, compón unha pesada lousa suficiente para impedir que xiremos a vista algún grado máis para percibir outros matices do xeito en que os Poderes están a traballar. Pero si, a pesar de todo, o facemos -e hai moita xente que pode facelo porque come quente e porque pode, se quere, tentar saber- poderemos ver que, paralelamente, seguen a matarnos lentamente, os nosos gobernos seguen a arruinar as arcas públicas porque os camiños da corrupción tamén entenden de grandes acordos coas Farmacéuticas e as Enerxéticas, seguen a fumigarnos, a miúdo aproveitando as as condicións atmosféricas ou mesmo a nocturnidade, con aluminio e partículas ML 10 altamente tóxicas, e a epidemioloxía apunta a un número escandalosamente crecente de fenómenos de “viriase indefinida”, gastroenterite, diarreas resistentes, cancro, crecemento exponencial dos casos de Alzhéimer denantes dos setenta anos, respostas auto inmunes letais, síndromes de ansiedade e pánico, depresión...
Ben certo é que o inimigo é o mesmo e está detrás da perversión do Sistema, pero ten un aliado, que non é outro que a cegueira inducida dos cidadáns e da clase política crítica co Poder establecido que non acerta a incluír no seu proceso de debate e, xa que logo, nos seus programas, o desenmascaramento dos plans de Fumigación Masivas sobre a península ibérica, dos seus autores, das súas motivacións para esixir o cese inmediato en aras da recuperación gradual da ilusión polo futuro que lle agarda aos nosos fillos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...