“España es un gran país poblado por
muchos españoles”. Esta loubanza repetida como un mantra por Rajoy
agocha o interese por adular o estado actual dun pobo que, sen
embargo, da pasos de xigante cara á falla de compromiso, á
incultura, a desinformación que promove a información corrupta.
O grao de democratización dun país é
directamente proporcional co do seu acceso á Cultura e o seu proceso
de desenvolvemento do xuízo crítico para discriminar o tipo de
información que recibe. Así, podemos afirmar que once millóns de
cubanos son probes pero non coñecen a miseria namentres vintecinco
millóns de españois que gozan de plenitude están de feito
instalados na miseria moral que conduce ao pais á involución e a
parálise da democracia.
O PSOE, a pretendida reserva dos
mellores valores de solidariedade e xustiza social, elexíu pactar
cunha formación de dereitas, que ten como miolo troncal a
demonización de todo o periférico e diverso, antes que coa esquerda
xurdida do descontento e a rabia fronte ás políticas de Raxoi que
perseguen o éxito macroeconómico -que non é tal- por riba do
benestar dos cidadáns tomados de un en un. O PSOE non contemplou a
posibilidade de negociar cos partidos nacionalistas Basco e Catalán
cos que viñera chamando a dialogar para non avivar o independentismo
(reproche a Rajoy). De feito, o PSOE elexiu a Podemos como diana das
súas críticas para acusalo de bloqueo, sen facer autocrítica sobre
o seu xiro á dereita que o ten levado a perder o espazo de centro
esquerda que o tiña conducido, en distintos momentos da Historia, a
posicións de Goberno.
Durante todos estes meses o Segredario
xeral do PSOE ten escoitado de máis aos baróns. Os ruídos de
sables en torno a Ferraz, encarnados na figura de Susana Díaz, a
protexida e cabalo de Troia das vacas sagradas que permanecen no
partido defendendo os mesmos presupostos ideolóxicos que abraza o
PP, as tensións no seno de esas matrioskas de baronías que agochan
á sultana andaluza e un líder feble e nada respectado na súa
propia casa propiciaron que saíra á luz un mal que, de certo, aniña
no Partido dende que, durante a segunda lexislatura de González -que
acadou ao Poder porque Suárez xa non era interesante para a
oligarquía- se traizoara o espírito refundacional de Suresnes, coa
escisión do partido entre felipistas e guerristas, entre a
tecnocracia con fame de poder acumulada nos anos de clandestinidade e
o idealismo utópico que non era máis ca un disfrace para domesticar
á gleba co apoio subsidiario dun sindicalismo amarelo. Porque
ámbolos dous bandos atoparon puntos de encontro na corrupción
agromada unha vez establecidas relacións de confianza e de acceso
restrinxido coa Caixa Común.
Ao longo da Historia, pois, as grandes
tensións xurdidas dentro da BICEFALIA, resoltas non poucas veces sen
o respecto debido aos estatutos e á militancia -Hernández Mancha,
Borrell, Sánchez– constitúen a crónica dun problema, o da
corrupción institucionalizada da clase política con
responsabilidades de goberno, á que os cidadáns seguen a renovar o
seu apoio nas furnas mentres abominan dela nas tabernas, nas
barberías, nos mercados... Mentres tanto, outras vías son
rexeitadas denantes de concederlles unha oportunidade. Tal é a forza
da propaganda nas mans dos medios “amigos”. Tal é a forza da
infusión do medo.
©www.teinteresa.es Felipismo versus Guerrismo
No hay comentarios:
Publicar un comentario