Que estará a
facer a CIA agora, en que lugar seguen a sementar os servizos de “intelixencia”
dos EE.UU. as uvas da ira, a conspiración, a guerra, a destrución mortal para
estender despois os chupóns da hidra que aseguran os beneficios dos oligarcas
-dentro do Sistema de valores que os leva a progresar, a perpetuarse e mesmo a
ocupar o despacho oval- namentres eiquí discútese sobre puerilidades
partidistas intestinas.
Descúlpase o
Premio Nobel da Paz, Obama, na súa despedida como presidente por non ter
cumprido tódalas súas promesas electorais. Detrás delas, todas visibles, está o
outro quefacer escuro que non cesa: o espionaxe, o armado ate os dentes dos
aliados inicuos e ocasionais, a introdución de elementos desestabilizadores
para derrubar gobernos e establecer outras alianzas vantaxosas, a semente da
mentira, o asasinato de opositores, o terrorismo fiancieiro e monetario, a
aplicación perversa do proteccionismo, a destrución do medio en territorios
alleos, a manipulación do clima como arma de guerra...
Que andará a
facer agora a CIA. Tic, tac, tic,tac... namentres camiñamos cara á destrución
da especie, (algo vergoñento e indesexable pero sen dúbida beneficioso para o
planeta) eiquí seguimos a falar de nimiedades partidistas intestinais alleas ao
benestar das persoas. É parte da manobra de distracción sobre a que se cimenta
o Poder.
© Actualidad.rt
No hay comentarios:
Publicar un comentario